Datos personales

Mi foto
United States
Ríe y el mundo reirá contigo; Llora y el mundo, dándote la espalda, te dejará llorar.

lunes, 2 de septiembre de 2013

Podería escribir unha historia de amor, hainas a miles por ahí soltas. Ou unha historia de dor, aínda que a dor sempre vai da man do amor, verdade? Unha historia que fixera sorrir con bágoas nos ollos, bágoas de tristeza, de felicidade, ou simplemente de risa. Podería escribir historias de sitios lóbregos e escuros, nun día plateado e azul, no corazón dunha montaña ou cun fondo de olas rompendo contra area fina dunha praia deserta. Podería escribir tonterías, verdades como casas, describir a realidade, denunciar as inxustizas. Podería non escribir. Pero hoxe, hoxe quero facelo e, para máis, facelo na miña lingua. Escribirei calquera cousa pero o farei nesta fala de maxia, e as miñas verbas terán máis forza e máis sentido que nunca.


Pontedeume, Galiza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

:)L